COLABORACIONES

Hola rapaces e rapazas:

Vos non me coñecedes, pero eu sí a vós pola televisión. Son unha nena quiroguesa de 13 anos e quero que saibades que podedes contar conmigo para todo o que queirades e necesitedes. Sinto moito o que vos está a pasar en parte tamén porque eu veraneo por esa zona Pindo, Ézaro,Muxía,Camariñas,Fisterra,etc.

Cando vexo na televisión como están quedando esas praias e que os vosos pais e nais non poden saír a faenar sinto moita pena. Espero que todo se solucione o antes posible e que cando volte por ahí este verán todo sexa igual que antes.

Aquí, no meu pobo a xente tamén quere axudar e sei que algunhas persoas están organizando un grupo de voluntarios para participar na limpeza das praias e recollendo cartos para enviar para que poidades mercar roupa e materiales para limpalas.

Nada máis, un bico e un forte abrazo dunha nova amiga.

 

Queridos amigos da costa:

Sentimo-la vosa desgracia como unha espiña no noso corazón.

Como alguns non podemos axudarvos mandamos a todos ánimos para que esa marea negra desapareza para deixar lugar as limpias praias de fina area, as limpas rochas e a auga azul e oxala non volva a ocorrer en ningun lugar do palneta.

Tamén sentimos a catástrofe económica pola que estades a pasar, por que como imaxino, os vosos pais non poderan sair a traballar.

Iago López Brañas 2º ESO

 

A tódolos rapaces e rapazas de A Coruña:

Chámome Diego Vázquez Valdés, teño 13 anos e vivo nun pobo que se chama Quiroga. Quiroga é un fermoso Concello rural situado na zona sur da provincia de Lugo, con menos de cinco mil habitantes ,que se adica fundamentalmente á agricultura e á explotación da pizarra e do sector forestal.
Cando visitei A Coruña, contemplei unha cidade moi bonita, pois sei que ten un fermoso paseo marítimo, uns xardíns, que lle chaman Os Cantós , un porto onde atracan os barcos de tódolos tamaños, unha praza, a de María Pita, e como non a emblemática e milenaria Torre de Hércules.
Pero A Coruña tamén ten costa, un litoral que está bañado polo Océano Atlántico, que fai de este entorno, que forma parte das famosas Rias Altas, onde traballan moitos mariñeiros que se adican á pesca e o marisqueo que da moito traballo a moitas familias.
Pero presisamente, o dia 13 de novembro, un desos barcos que lles chaman petroleiros , que transportan petroleo ou derivados del, verteu grandes cantidades do seu transporte que terminaron por contaminar, non só a costa coruñesa , senón, todo o litoral galego. Este barco chamábase Prestige, hoxe está afundido, pero aínda garda no seu interior grandes cantidades de fuel.
Por iso sei que moitos miles de familias adicadas a pésca están sendo perxudicadas por esa contaminación.
Estou vendo pola televisión tódolos días o esforzo que se está facendo por limpar as praias e litoral galego, precisamente nunhas datas onde toda esta xente afectada debería estar contenta, xa que estamos no Nadal.
Sólo me queda mandar un mensaxe de ánimo a todos os rapaces e rapazas de A Coruña, aínda que vai ser moi dificil esquecer a situación que está a vivir esa fermosa terra de mariñeiros.
Pola miña parte si podo axudar gustaríame achegarme A Coruña a axudar as tarefas de limpeza das praias.

FELICES FESTAS DE NADAL E QUE O ANO VINDEIRO 2.003 SEXA UN ANO CHEO DE FELICIDAEDE E ALEGRIA.

 

Hola amigos da costa:
¿Que tal estades?Supoño que mal Eu son un neno do interior,mais concretamente dun pobo de Ourense que se chama Petin . Queria darvos animos. E os meus mais grandes agarimos.
O que estades a pasar e moi duro e ,estades ,a loitar como uns verdadeiros campions .Nin a marea negra nin nada pode undirvos xamais.Dende a o meu colexio que esta situado en A Rua vos damos toda a forza para seguir esa loita de cada dia .Pronto chegan as navidades,seguramente ,para vos non seran as mesmas cas dos anos pasados pero, a marea seguramente non ensucieos vosos corazóns.
As noticias falan sempre do mesmo , ... do que sufren a maioria dos galegos,das costas que cada vez estan mais e mais sucias, etc.Ainda que non so son os galegos os que sofren este acontecemento,xa que en Asturias, Cantabria, Pais Vasco,e nalgunhas das costas Portuguesas e Francesas,os galegos foron as primeiras victimas da marea negra,e,polo tanto os mais desprevenidos,e ata o dagora os mais afectados. Bueno despidome con toda a tristeza.

Josué 2º ESO

Ben queridos Amigos:
Escribo vos para daros o meu apoio e ayudarvos no que poida.
Eu sinto o que pasou e espero que se amañe. Co tempo todo volvera a ser coma antes.
Pasará o inverno…
- Eeehh…¿todo volverá á normalidade?
- Espero que si…
Van a prohibir que os barcos coma o Prestigue non volvan a navegar.
Porque o barco tiña máis de 16 anos e so tiña un so casco. Ahora vay entrar unha lei que obriga a ter doble casco…
¡Así non volvera a ocurrir! ¡Todos estamos con vos!
¡!!ANIMO!!!

Rubén Moral Fernández 2.A