SOLICITUDE DE PRAZA
INFANTIL - PRIMARIA - ESO - BACHARELATO
CURSO 2022-2023


Do 1 ao 21 de marzo poderá realizar a solicitude de admisión para os cursos nos que existen vacantes:
Desde 4º Infantil (3 anos), Primaria, ESO e Bacharelato.


PROCEDEMENTO:

1. Pida cita previa chamando ao 988 31 00 50. O Director manterá coa familia unha entrevista persoal co obxectivo de informalos sobre o proxecto educativo e outros aspectos relativos á organización e funcionamento do Colexio.

2. A DOCUMENTACIÓN relativa á solicitude estará a súa disposición na Secretaría do Colexio.

3. O formulario en versión dixital está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Unha vez cuberto, poderá presentarse de forma presencial no centro, ou ben directamente a través da aplicación da Xunta "admisiónalumnado" (solicitudes>admisión) xunto coa fotocopia do libro de familia.

(Seguir as instruccións para cubrir as pestañas unha por unha, debendo gardar cambios antes de pasar á seguinte, e ao final confirmar, xerar informe, imprimir o pdf e entregalo na secretaría, xunto coa fotocopia do libro de familia).

4. Se prefire un método máis sinxelo, pode descargar o pdf da solicitude, cubrindo ben a man ou directamente desde o ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría, xunto coa fotocopia do libro de familia.
Tamén pode descargar o devandito pdf da solicitude en castellano, premando neste mesmo enlace.

 


NORMATIVA DE APLICACIÓN: