SOLICITUDE DE PRAZA
INFANTIL - PRIMARIA - ESO - BACHARELATO
CURSO 2021-2022

Do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro poderá realizar a solicitude de admisión para os cursos nos que existen vacantes:
Desde 4º Infantil (3 anos), Primaria, ESO e Bacharelato.


PROCEDEMENTO:

1. Pida cita previa chamando ao 988 31 00 50. O Director manterá coa familia unha entrevista persoal co obxectivo de informalos sobre o proxecto educativo e outros aspectos relativos á organización e funcionamento do Colexio.

2. A DOCUMENTACIÓN relativa á solicitude estará a súa disposición na Secretaría do Colexio.

3. O formulario en versión dixital está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Unha vez cuberto, poderá presentarse de forma presencial no centro, ou ben directamente a través da aplicación da Xunta "admisiónalumnado" (solicitudes>admisión) xunto coa fotocopia do libro de familia.

(Seguir as instruccións para cubrir as pestañas unha por unha, debendo gardar cambios antes de pasar á seguinte, e ao final confirmar, xerar informe, imprimir o pdf e entregalo na secretaría, xunto coa fotocopia do libro de familia).

4. Se prefire un método máis sinxelo, pode descargar o pdf da solicitude, cubrindo ben a man ou directamente desde o ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría, xunto coa fotocopia do libro de familia.
Tamén pode descargar o devandito pdf da solicitude en castellano, premando neste mesmo enlace.


NORMATIVA DE APLICACIÓN:
  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado.
  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDEN de 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orden de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (código de procedimiento ED550A y ED550B).